Xoves 3 de xuño 2010

Axenda

A mostra "Ecos de ruta" na Casa das Asociacións

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra Ecos de ruta, que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses.

Esta mostra exhibe 25 imaxes da paisaxe e da fauna do norte de España, Francia, Suíza, Italia, Eslovenia, Croacia e Bosnia. Dúas das fotografías da exposición foron premiadas en dúas categorías do Concurso Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Do 3 ao 16 de xuño, na Casa das Asociacións.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Monográfico sobre o uso da cámara fotográfica dixital

Enmarcado na programación da Aula de Informática, o CSCX do Ensanche presenta unha sesión monográfica sobre o uso da cámara fotográfica dixital.

Os días 2 e 3 de xuño, de 10:30 a 13:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Bordado para nenos no CSC das Fontiñas

Dentro do programa Aulas de Xogo, ofrécese unha semana temática de bordado destinada a rapazas e rapaces de a partir de oito anos.

Do 1 ao 5 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Compartir: