Luns 2 de febreiro 2009

Axenda

"Carlitos e o campo dos soños" no Ciclo Cinensino

Comeza o ciclo Cinensino no Teatro Principal, con dúas xornadas que abordarán o tema da amizade como medio para conseguir metas. Para ilustrar a temática proxectarase o filme Carlitos e o campo dos soños, de Jesús del Cerro.

O luns 2, ás 10:00, 12:00 e 16:00 horas, e o martes 3 de febreiro, ás 10:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Artisticamente (in)correcto", de Amaya González, na Zona "C"

A Zona "C" compostelá cede o seu espazo a unha artista moza de Pontevedra, Amaya González, que realizará unha intervención artística baixo o título de Artisticamente (in)correcto.

Do 18 de decembro ao 8 de febreiro na Zona "C".

Compartir: