Xoves 31 de agosto 2017
Axenda
Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás
Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.
Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.
Axenda
"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura
documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia
Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.
Axenda
"Alén dos xéneros", mostra no Auditorio de Galicia
Alén dos xéneros é unha selección de obras que percorren o panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os noventa ata a actualidade.
Ata novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición sobre o lobo no CIPX de Belvís
O Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela, situado no parque de Belvís, acolle a exposición Lobo: vida salvaxe e mundo rural.
Do 11 de xullo ao 30 de setembro, no CIPX.
Axenda
"Vive o verán", actividades para todos e todas nos centros socioculturais de Compostela
Os CSC ofrecen un amplo programa de actividades durante o verán, nos propios centros e noutros puntos da cidade.
Nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, nos centros socioculturais.
Axenda
Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"
O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.
Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).
Axenda
Vari Caramés: "Ventá ao insólito"
Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.
Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
VII Encontro de Artistas Novos
A Cidade da Cultura de Galicia converterase por sétimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos.
Do 27 ao 31 de agosto, na Cidade da Cultura.
Axenda
Títeres en ruta: Con Valle-Inclán por Santiago
Turismo de Santiago propón unha orixinal descuberta da cidade e a súa relación con Ramón del Valle-Inclán, da man de Títeres Cachirulo. Recomedada a familias con nenos e nenas de máis de 5 anos.
Dende o Parque da Alameda - Paseo da Ferradura, entre as 18:30 e as 19.45 horas.
Axenda
Camiño ao Gaiás 2017
A Fundación USC Deportiva volve brindarnos os roteiros Camiño ao Gaiás, que conectan a zona vella coa Cidade da Cultura.
O xoves 31 de agosto, ás 19:00 horas, na Cidade da Cultura.
Axenda
"Rosa Caramelo", por Talía Teatro
Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo.
O xoves 31 de agosto, ás 19:00 horas, no parque San Domingos de Bonaval.
Axenda
"Noites curtas" na praza da Quintana
Segunda sesión das Noites Curtas, dentro da programación do festival Curtocircuíto 2017.
O xoves 31 de agosto, ás 22:00 horas, na praza da Quintana.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.