Luns 30 de setembro 2013
Axenda
Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio
15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.
O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.
Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Golulá": función escolar de títeres con Galitoon
Trátase dunha fantástica historia de aventuras por terra, mar e aire; Golulá é unha obra de técnica mixta na que se mestura o teatro de actor con body puppets (títeres de gran formato), muppets e o teatro de luz negra (títeres de paleta), para xerar unha historia cuxa estrutura, trama e ritmo son os do conto clásico de aventuras.
O luns 30 de setembro, ás 10:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Festival Internacional de Títeres: Galicreques 2013
Santiago acolle a XVIII edición do Festival Internacional de Titeres, Galicreques 2013.
Do 28 de setembro ao 6 de outubro, en diversos espazos da cidade.