Martes 8 de xuño 2010

Axenda

A mostra "Ecos de ruta" na Casa das Asociacións

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra Ecos de ruta, que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses.

Esta mostra exhibe 25 imaxes da paisaxe e da fauna do norte de España, Francia, Suíza, Italia, Eslovenia, Croacia e Bosnia. Dúas das fotografías da exposición foron premiadas en dúas categorías do Concurso Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Do 3 ao 16 de xuño, na Casa das Asociacións.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión

Durante dúas semanas, o Paseo dos Leóns da Alameda compostelá alberga a tradicional Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que na súa XIX edición conta coa participación de librarías de distintas comunidades españolas, con máis de 100.000 exemplares que se poñerán a venda durante os 15 días de feira.

Do 5 ao 20 de xuño, de 11:00 a 14.00 e de 17:30 a 21:30 horas, no Paseo dos Leóns da Alameda.

Compartir: