Venres 4 de xuño 2010

Axenda

A mostra "Ecos de ruta" na Casa das Asociacións

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra Ecos de ruta, que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses.

Esta mostra exhibe 25 imaxes da paisaxe e da fauna do norte de España, Francia, Suíza, Italia, Eslovenia, Croacia e Bosnia. Dúas das fotografías da exposición foron premiadas en dúas categorías do Concurso Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Do 3 ao 16 de xuño, na Casa das Asociacións.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Bordado para nenos no CSC das Fontiñas

Dentro do programa Aulas de Xogo, ofrécese unha semana temática de bordado destinada a rapazas e rapaces de a partir de oito anos.

Do 1 ao 5 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Animación á lectura con Argallando

A compañía Argallando ofrece unha actividade para achegar o pracer de ler aos nenos e nenas de 5 a 12 anos.

O venres 4 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Soledad Felloza en Santiago Encantado

A narradora uruguaia Soledad Felloza conta historias nos LSC dentro do programa Santiago Encantado.

O venres 4 de xuño, ás 19:00 horas, no Local Sociocultural de Lamascal.

Axenda

Xogos de sempre

Dentro do programa 'Aulas de Xogo', o CSC das Fontiñas organiza semanalmente unha actividade de recuperación dos xogos de sempre. O mes de xuño está dedicado aos grandes xogos.

O venres 4 de xuño, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Pascual, Otero e Quintá en concerto

Concerto de Pedro Pascual (Marful), Carlos Quintá (Linho do Cuco) e Benxamín Otero (Linho do Cuco), cun repertorio de composicións propias e tradicionais con acordeóns diatónicos, bouzouki e óboe.

O concerto está incluído no programa No Campo de Fóra, da Concellaría de Centros Socioculturais e aCentral Folque.

O venres 4 de xuño, ás 20:00 horas, no Local Sociocultural de Amio.

Axenda

"Como dar a volta ao mundo sen saír do teu barrio"

Como parte do programa Santiago Encantado, Fran Insua descóbrenos Como dar a volta ao mundo sen saír do teu barrio a través da lectura.

O venres 4 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.

Axenda

A Real Filharmonía pecha o curso cunha homenaxe á zarzuela

Como clausura da temporada de abono, a Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto dedicado á zarzuela, coa interpretación de La Gran Vía, de Chueca, e Bohemios, de Vives i Roig.

O xoves 4 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Tabú Resorte": danza con Javier Martín

Javier Martín ofrece o seu espectáculo tabú resOrte (tabú revolta), dentro do ciclo SCQ Danza.

O venres 4 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: