Sábado 26 de xuño 2010

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

Traballos manuais en Fontiñas

Sesión de manualidades para os sábados pola tarde dentro do programa Aulas de Xogo do Centro Sociocultural das Fontiñas.

O sábado 26 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Compartir: