Xoves 24 de xuño 2010

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

Máis concertos con motivo do Día Europeo da Música

Dentro das actividades para celebrar o Día Europeo da Música, nova xornada de concetos no Casino, no parque de Bonaval e na praza do Toural:

17:00 h Casino de Santiago
House of madness

18:00 h Parque de Bonaval
Orquestra da Escola Municipal de Müsica e nenos e nenas de música e movemento da ESMU

20:00 h Praza do Toural
Banda da Escola Municipal de Müsica

20:00 h Casino de Santiago
Música de Cámara e obradoiro literario-Escola de Música Berenguela.

23:00 h Casino de Santiago
Javiera Varela Prado, Piano

Durante toda a xornada en diversos espazos da cidade.

Axenda

Obradoiro de monicreques en Conxo

Dentro do programa Santiago Encantado, obradoiro de monicreques a cargo de Titiriarte.

O xoves 24 e o venres 25, a partir das 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal da Música, dirixida por X. C. Seráns sae á rúa nun dos seus concertos de verán.

O xoves 24 de xuño, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.

Compartir: