Venres 11 de xuño 2010

Axenda

A mostra "Ecos de ruta" na Casa das Asociacións

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra Ecos de ruta, que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses.

Esta mostra exhibe 25 imaxes da paisaxe e da fauna do norte de España, Francia, Suíza, Italia, Eslovenia, Croacia e Bosnia. Dúas das fotografías da exposición foron premiadas en dúas categorías do Concurso Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Do 3 ao 16 de xuño, na Casa das Asociacións.

Axenda

IV Xornadas de Transporte e Mobilidade

Os días 10 e 11 de xuño vanse celebrar as IV Xornadas de Transporte e Mobilidade, organizadas por TUSSA e o Concello de Santiago. Están enmarcadas dentro dunha Semana do Transporte que comezará coa inauguración, o 9 de xuño, dunha exposición de autocares antigos no paseo central da Alameda.

A exposición de autocares antigos quedará aberta a todo o público a partir das 19:00 horas. A mostra contará con máis dunha ducia de autocares antigos e unha exposición fotográfica.

Os días 10 e 11 de xuño, no Hostal Monumento San Francisco

A exposición, no paseo central da Alameda.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión

Durante dúas semanas, o Paseo dos Leóns da Alameda compostelá alberga a tradicional Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que na súa XIX edición conta coa participación de librarías de distintas comunidades españolas, con máis de 100.000 exemplares que se poñerán a venda durante os 15 días de feira.

Do 5 ao 20 de xuño, de 11:00 a 14.00 e de 17:30 a 21:30 horas, no Paseo dos Leóns da Alameda.

Axenda

Animación á lectura con Argallando

A compañía Argallando ofrece unha actividade para achegar o pracer de ler aos nenos e nenas de 5 a 12 anos.

O venres 11 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Xogos de sempre

Dentro do programa Aulas de Xogo, o CSC das Fontiñas organiza semanalmente unha actividade de recuperación dos xogos de sempre. O mes de xuño está dedicado aos grandes xogos.

O venres 11 de xuño, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Zubin Mehta coa Orquestra de la Comunitat Valenciana

O prestixioso director Zubin Mehta dirixe neste concerto a Orquestra de la Comunitat Valenciana, convertida hoxe nunha das referencias indispensables da música europea. Neste recital soarán composicións de Schubert, Chopin e Strauss. Programa no marco do programa XAcobeo Classics.

O venres 11 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Los Ulen representan "Maná Maná" no Principal

A compañía Los Ulen poñen en escena Maná Maná, baixo a dirección de Juan Carlos Sánchez e coa participación de Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous.

O venres 11 e o sábado 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: