Domingo 9 de maio 2010

Axenda

Suspendido o concerto de Benjamin Biolay en Sons da Diversidade

Por mor da nube de cinza volcánica que está sobre Galicia, é totalmente imposible que Benjamin Biolay, que se atopa en París, chegue á nosa cidade. Polo tanto, a Concellería de Cultura vese obrigada a suspender o concerto que o artista ía dar esta noite ás 21:00h no Auditorio de Galicia dentro do ciclo Sons da Diversidade.

A Concellería está negociando co artista unha nova data para o concerto, da que informará nos vindeiros días. As entradas de hoxe serán válidas para esa proxima data. Aínda así, todos aqueles que queiran devolver a súa entrada poderán facelo a partires de mañá luns a través da mesma canle pola que a adquiriron.

A Concellería de Cultura pide desculpas por todas as incomodidades que se puideran ocasionar por esta circunstancia, totalmente allea á mesma.

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XXIX Feira do Libro na Alameda

A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, a Alameda acolle os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades.

Do 1 ao 9 de maio, de 11:00 a 21:30 horas, na Alameda.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Santiago ofrece un concerto no Teatro Principal cun programa no que a formación interpretará A Tuna Pasa de L. Araque, Raymond(abertura) de A. Thomas, Diego de Acevedo de M. Asins Arbó, Nun mercado persa (intermezzo descritivo) de E. Ketelbey, Peer Gynt (1º suite) de E. Grieg e Czardas de V. Monti.

O domingo 9 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Novoneyra na voz de Darío Xohán Cabana

Dentro do programa Letras Vivas, o CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño acolle unha conferencia recital de Darío Xohán Cabana, na que o escritor lugués falará de Uxío Novoveyra e recitará versos do poeta ao que se lle dedica este ano o Día das Letras.

O domingo 9 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: