Xoves 29 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto didáctico para mozos da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela interpretará neste concerto didáctico para mozos unha compilación de bandas sonoras en directo e paralelamente á proxección das películas.

O xoves 29 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Axenda

BStudiodanza representa "Sono silente"

Terceira entrega do ciclo SCQ Danza, desta volta con BStudiodanza. Dolores Mayán dirixe e coreografía Sono silente, unha obra de danza-teatro de mediano formato e para todos os públicos, inspirada no cine silente dos anos 20 e 30.

O xoves 29 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

A pianista Colleen Lee nun novo concerto da Real Filharmonía

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antonio Ros Marbà, pecha o mes de abril cun concerto dedicado a Honegger, Mozart e García-Abril. Contará para este concerto coa colaboración da pianista de Hong Kong Colleen Lee.

O xoves 29 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: