Venres 23 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto didáctico para mozos da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela interpretará neste concerto didáctico para mozos unha compilación de bandas sonoras en directo e paralelamente á proxección das películas.

O xoves 22 e o venres 23 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

O Cirque du Soleil presenta en Santiago "Saltimbanco"

O Cirque du Soleil chega por primeira vez a Galicia. 50 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo Saltimbanco, unha exhibición de acrobacias, maxia, luz e son dirixida a todos os públicos.

No Multiusos Fontes do Sar.

Mércores 21 de abril, ás 21:30 horas.
Xoves 22 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Venres 23 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Sábado 24 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Domingo 25 de abril, ás 17:00 horas.

Axenda

Creación dun mural colectivo no portalón do CSC das Fontiñas

Nenos, mozos e adultos están convidados a participar neste obradoiro artístico que se desenvolverá ao longo de cinco tardes e que ten por obxectivo crear un mural no portalón exterior do centro sociocultural.

Valéndose do graffiti como ferramenta, crearase un mural artístico coa técnica do trampantollo. O colectivo de cómic Cerditos de Guinea será os encargado de coordinar o obradoiro.

Do 20 ao 24 de abril, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Xogos de sempre con pelotas

O programa Aula de Xogo da Rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión centrado nos xogos con pelotas.

O venres 23 de abril, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Inscrición previa.

Axenda

"O soño dunha noite de verán" en Fontiñas

No marco da Aula de Xogo, O soño dunha noite de verán para os nenos e nenas do CSC das Fontiñas.

O venres 23 de abril, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

25 Cordas en concerto no ciclo "No Campo de Fóra"

Pauliine Maasik e Ariel Ninas forman un dúo de violín e zanfona, 25 Cordas, que interpreta composicións propias e repertorio tradicional de Galicia e Estonia, orixe dos intérpretes.

O venres 23 de abril, ás 20.30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Axenda

Os "Contos de sete leguas" de Soledad Felloza

No marco do programa Santiago Encantado, a narradora uruguaia Soledad Felloza achegará aos nenos e nenas un bo feixe de historias coas que avivar as súas ganas de ler.

O venres 23 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo.

Axenda

Acto de entrega de premios dos certames literarios 2009

No acto de entrega dos premios da VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre e do IX Certame de Relato Curto José Saramago haberá un recital poético a cargo de María Lado e Lucía Aldao.

O venres 23 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Bengala Producións representa "Master Class"

A compañía Bengala Producións pon en escena Master Class de Terrence McNally. Con Mabel Ribera, Lino Braxe e María Torres.

O venres 23 e o sábado 24 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: