Mércores 21 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

O Cirque du Soleil presenta en Santiago "Saltimbanco"

O Cirque du Soleil chega por primeira vez a Galicia. 50 artistas de 20 nacionalidades e 140 profesionais representan o espectáculo Saltimbanco, unha exhibición de acrobacias, maxia, luz e son dirixida a todos os públicos.

No Multiusos Fontes do Sar.

Mércores 21 de abril, ás 21:30 horas.
Xoves 22 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Venres 23 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Sábado 24 de abril, ás 17:30 e 21:30 horas.
Domingo 25 de abril, ás 17:00 horas.

Axenda

Creación dun mural colectivo no portalón do CSC das Fontiñas

Nenos, mozos e adultos están convidados a participar neste obradoiro artístico que se desenvolverá ao longo de cinco tardes e que ten por obxectivo crear un mural no portalón exterior do centro sociocultural.

Valéndose do graffiti como ferramenta, crearase un mural artístico coa técnica do trampantollo. O colectivo de cómic Cerditos de Guinea será os encargado de coordinar o obradoiro.

Do 20 ao 24 de abril, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Axenda

"Non Solum", con Sergi Lopez

No marco do ciclo Teatro e Danza en Xira, chega ao Principal a obra Non Solum, interpretada por Sergi López. O espectáculo é unha creación do propio López e de Jorge Picó.

O mércores 21 e o xoves 22 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Axenda

Animación á lectura en Fontiñas

Dentro do Ciclo Letras Vivas Creación, sesión de animación á lectura a cargo de Marilar Aleixandre, baixo o título Ollos de chuvia e ollos de lume.

O mércores 21 de abril, ás 21:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Compartir: