Venres 16 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto didáctico co Coro da Rá

O conxunto de voces que compoñen o Coro da Rá está dirixido por Ramón Bermejo. É o coro residente da escola de Música Estudio e interpreta estilos que van do soul e o jazz ao pop e a música étnica. O concerto tratará de explicar as características da música a capella.

O venres 16 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Xogos de sempre con pelotas

O programa Aula de Xogo da Rede de Centros Socioculturais organiza este campionato anual de xogos tradicionais, nesta ocasión centrado nos xogos con pelotas.

O venres 16 de abril, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Inscrición previa.

Axenda

Contos de animais na Gracia

Función de Títeres Cachirulo na que mesturan contos clásicos e historias novas cos animais como protagonistas para introducir os nenos e nenas nun mundo imaxinario no que ir descubrindo pouco a pouco as semellanzas que comparten con nós.

O venres 16 de abril, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural da Gracia.

Axenda

Curso "O intérprete diante da cámara"

O CSXC do Ensanche organiza este curso de interpretación dentro do programa Escena-Club de Teatro. O actor Nathan Carter introducirá aos participantes nas últimas técnicas de actuación diante da cámara.

O venres 16 de abril, ás 19:30 e 21:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Compartir: