Mércores 14 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Con A de astrónomas

Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.

A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.

No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.

Axenda

Recital de Cecilia Bartoli

A cantante lírica máis coñecida do mundo visita por primeira vez Galicia. Cecilia Bartoli logrou coa súa última gravación, Sacrificium, colarse entre os primeiros postos das listas de ventas en competición cos ases do pop. Chega acompañada da Oquestra La Scintilla.

O mércores 14 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O segredo dos Hoffman", por Lagarta Lagarta

A compañía de Ernesto Chao e Rosa Álvarez, Lagarta Lagarta, pon en escena O segredo dos Hoffman, unha peza baseada na novela de Alejandro Palomas, que nos achega a un reencontro familiar.

O mércores 14 e o xoves 15 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: