Xoves 4 de novembro 2010

Axenda

"Trazos, anacos e bosquexos" de Miguel Ángel Vigo, no CSCX do Ensanche

O CSCX do Ensanche acolle unha exposición de pintura e escultura de Miguel Ángel Vigo. Titúlase "Trazos, anacos e bosquexos" e reúne un amplo abano de obras nas que reflexiona sobre cuestións como a vida, a memoria, a soedade do individuo ou a morte.

Ata o 26 de novembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Juanjo Mena

Novo concerto da temporada de abono da Real Filharmonía de Galicia, esta vez dirixida por Juanjo Mena, actual director da Filarmónica da BBC, e con Roberto Díaz á viola.

O xoves 4 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: