Domingo 20 de setembro 2009

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril

A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música saca o seu repertorio á rúa baixo a batuta de Carlos Seráns. Os peóns poderán deleitarse coa formación de trinta e cinco intérpretes que constitúe un dos referentes musicais da cidade.

O domingo 20 de setembro, ás 12:00 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

Teatro no CSC da Rocha

Dentro das actividades da Semana Cultural da Rocha, o grupo de teatro do centro representa A ratiña feroz.

O domingo 20 de setembro, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

"Días de viño e rosas", de J. P. Miller, no Teatro Principal

Sandra e Luis coñécense nun aeroporto rumbo a Nova York. Unha nova vida para ambos chea de soños e promesas. "Xuntos até no paraíso!" berran aos poucos días. Este é o punto de partida de "Días de viño e Rosas", de J. P. Miller. Nesta ocasión, Tamzin Townsend dirixe un elenco composto por Carmelo Gómez e Silvia Abascal.

O sábado 19 e o domingo 20 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: