Venres 5 de xuño 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

O pianista Nikolai Lugansky acompaña á Real Filharmonía de Galicia nun novo concerto

O programa de abono da Real Filharmonía de Galicia 2008/2009 toca á súa fin cun concerto no que, baixo a dirección de Antoni Ros Marbà, actuará o pianista húngaro Nikolai Lugansky.

O venres 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: