Xoves 4 de xuño 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música na Rúa do Vilar

A Banda Municipal de Música volve saír á rúa, baixo a dirección de Casiano Mouriño para deleitar os viandantes cun novo recital.

O xoves 4 de xuño, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar

Axenda

Gala de entrega de Premios Buero de Teatro Xoven

Compostela acolle a Gala de entrega de Premios Buero de Teatro Joven, promovidos polo Ministerio de Cultura. A súa relevancia foi en aumento dende que ergueu o pano en 2003, acadando na última edición unha participación de preto de 200 grupos.

Estes premios, que renden homenaxe ao gran dramaturgo Antonio Buero Vallejo, ofrecen a posibilidade a estudantes de centros escolares e culturais de entre 14 e 21 anos de vivir o seu soño, formando o seu propio grupo de teatro e actuando ante xurados de luxo.

O xoves 4 de xuño, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: