Martes 23 de xuño 2009

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música

Para rematar o curso, a Escola Municipal de Música ofrece un concerto final denominado Concerto Gastronómico. Música composta polos propios profesores do centro e unha historia guionizada para un concerto no que participarán todas as agrupacións instrumentais da Escola.

O martes 23 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: