Xoves 2 de abril 2009

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

Lagarta Lagarta pon en escena "Aeroplanos" no Teatro Principal

Xosé Manuel Olveira 'Pico' e Ernesto Chao forman o tándem idóneo para iniciar unha viaxe polos tempos dun cotián tan grande como sinxelo que versa cunha sutil linguaxe sobre as relacións humanas. Lagarta Lagarta pon en ecena a premiada "Aeroplanos".

O mércores 1 e o xoves 2 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

A RFG, baixo a batuta de Paul Daniel e co pianista Andrei Gavrilov, interpreta a Schubert e Beethoven

Comeza o mes de abril no programa de Abono da Real Filharmonía de Galicia cun concerto de luxo no que a orquestra interpretará a Franz Schubert e Ludwig van Beethoven co piano solista Andrei Gavrilov e con Paul Daniel como director convidado.

O xoves 2 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: