Sábado 11 de abril 2009

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Axenda

A Filetta ofrece un recital de cantos sacros da tradición corsa

Última xornada do Festival de Músicas contemplativas, con A Filetta. Este nome fai referencia a un fieito que crece en Córsega e cuxas raíces están profundamente arraigadas na terra desta bela illa. O grupo naceu en Balagne en 1978 a partir dunha profunda paixón polo canto e pola terra de Córsega.

O sábado 11 de abril, ás 20:30 horas, na igrexa das Ánimas.

Axenda

Remata o IV Festival de Músicas Contemplativas con Música Fiata Köln & Capella Ducale

O IV Festival de Músicas Contemplativas de Santiago de Compostela toca á súa fin cun recital da agrupación alemá Música Fiata Köln & Capella Ducale, baixo a dirección de Roland Wilson.

O sábado 11 de abril, ás 22:30 horas, na igrexa de San Agustín.

Compartir: