Luns 9 de marzo 2009

Axenda

Exposición sobre o lobo no CSC de Vite

O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolle a exposición O lobo, unha carreira pola supervivencia, promovida pola Concellaría de Medio Ambiente. Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa (AAAGP), e pretende ser un alegato pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.

Esta mostra contén paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galicia; fotografías sobre a especie e o seu medio; elementos relacionados coa bioloxía do lobo e elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura. Conta tamén cunha mostra bibliográfica e un documental sobre o lobo rodado en liberdade. Ademais de poder visitala a título individual, tamén existe a posibilidade de facer visitas guiadas e, ademais, celebraranse actividades complementarias.

Ata o 17 de marzo, no CSC José Saramago de Vite,

Axenda

Exposición retrospectiva de Antón Mouzo

O Auditorio de Galicia acolle nas súas salas a exposición retrospectiva de Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 - A Coruña, 2007). A mostra presentará un percorrido polas obras realizadas dende principios dos anos oitenta ata as súas derradeiras producións.

No Auditorio de Galicia, todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días de concerto, que pecha ás 19:00 horas.

Axenda

Sara Fuentes expón "1:10" na Zona "C"

1:10 é un proxecto específico de Sara Fuentes Cid para a Zona "C". Componse de 14 fotografías de pequeno tamaño en forma de caixas que representan detalles recollidos da arquitectura do espazo expositivo contiguo, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Do 25 de febreiro ao 19 de abri, na Zona "C" (rúa de San Domingos de Bonaval, 1). Todos os días, excepto o luns, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A

Compartir: