Sábado 7 de febreiro 2009

Axenda

"Artisticamente (in)correcto", de Amaya González, na Zona "C"

A Zona "C" compostelá cede o seu espazo a unha artista moza de Pontevedra, Amaya González, que realizará unha intervención artística baixo o título de Artisticamente (in)correcto.

Do 18 de decembro ao 8 de febreiro na Zona "C".

Axenda

"Muller busca home (que aínda non existe)', de Eloy Arenas, no Principal

Comeza a programación teatral no mes de febreiro do Principal coa posta en escena de Muller busca home (que aínda non existe), unha obra de Eloy Arenas que colleitou grande éxito en toda España e que conta cun elenco de primeirísimo nivel: Andoni Ferreño, Óscar Ladoire e Diana Lázaro.

O sábado 7 de febreiro, ás 20:00 e ás 23:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: