Xoves 22 de outubro 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Cinema in/out", fotogramas do cine español na Zona C

Dentro da programación do festival Curtocircuíto deste ano inclúese esta mostra fotografías que retratan a cinematografía española. Imaxes de nove fotógrafos de rodaxe que ensinarán o que se esconde tras as cámaras.

Instantes roubados de Ágora, Los Abrazos Rotos ou El orfanato entre outras producións estarán expostas na Zona para regalar os ollos alleos unha mirada dende o interior, e mostrar a ilusión cinematográfica.

Ata o 25 de outubro, na Zona C.

Axenda

A Real Filharmonía interpreta "O castelo da Rocha Vella" cos Monicreques de Kukas

A Real Filharmonía de Galicia únese aos Monicreques de Kukas para iterpretar O castelo da Rocha Vella, obra composta por Santos Bartolomé. Trátase dun novo ciclo de concertos didácticos e familiares.

O mércores 21, o xoves 22 e o venres 23, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia (concertos didácticos). O sábado 24, tamén no Auditorio, ás 19.00 horas, concerto familiar.

Compartir: