Xoves 17 de abril 2008

Axenda

"A historieta galega", no Auditorio

A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.

Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto para violín de Bruch para os máis pequenos

A Real Filharmonía, dirixida por Maximino Zumalave, interpreta nun novo concerto didáctico unha composición de Bruch, representante do romanticismo alemán, discípulo de Hiller e de Reinecke.

O mércores 16 e o xoves 17 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Ewa Podles pon a súa voz a obras de Rossini, Sciarinno e Beethoven

A contralto polaca Ewa Podles oacompaña á Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Víctor Pablo Pérez, na interpretación da obertura de "Semiramide", de Rossini. Tamén se interpretará a versión para mezzo e orquestra que Sciarrino fixo da súa "Xoana de Arco", así como a Oitava Sinfonía de Beethoven.

O xoves 17 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia

Compartir: