Mércores 13 de febreiro 2008

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A historia do soldado", nos concertos didácticos

Novo concerto didáctico no Auditorio de Galicia, destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, cunha coñecida peza de Igor Stravinski: L'histoire du soldat foi composta nos seus comezos, no chamado período ruso, en 1918.

Os días 11, 12 e 13 de febreiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

Calendario:

CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750

CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001

CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740

CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459

CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191

CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490

Axenda

Mofa e Befa representan "Cociña para chapantes"

Mofa e Befa recompila nun espectáculo tres dos seus números máis reclamados: Cociña económica, Cociña caníbal e Cociña kakofónica.

Os días 11, 12 e 13 de febreiro, ás 21 horas, no Teatro Principal.

Compartir: