Domingo 6 de maio 2018
Axenda
"De como non casar. How not to get married", instalación de Olalla Castro e Nicoleta Moise
Itinerario gráfico, audiovisual e performativo con reinterpretación de supersticións, rituais e tradicións de Galicia e Compostela.
Do mércores 21 de marzo ao domingo 20 de maio, na Zona C.
Axenda
"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas
Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.
Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"A pegada do coñecemento", exposición na Casa do Cabido
A exposición A pegada do coñecemento reúne os principais fondos da biblioteca histórica do IES Arcebispo Xelmírez I, unhas das mellores de toda Galicia e que foi restaurada durante os últimos dous anos co apoio do Consorcio.
Ata primeiros de xullo, na Casa do Cabido.
Axenda
Feira do Libro (do 28 de abril ao 6 de maio)
Nova edición da Feira do Libro, cun amplo programa de actividades literarias para todos os públicos.
Do 28 de abril ao 6 de maio, no Paseo Central da Alameda.
Axenda
Gala lírica: ópera e zarzuela, coa BMSC
Un percorrido polas máis coñecidas arias de ópera e romanzas de Zarzuela con dous solistas líricos, acompañados pola Banda Municipal de Música de Santiago.
O domingo 6 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
XIX Mostra de Teatro Universitario
Nova edición desta mostra das obras dos grupos teatrais universitarios de toda Galicia.
Do 24 de abril ao 6 de maio, no Teatro Principal e no Salón Teatro.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.