Venres 2 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Procesión da Quinta Angustia

Punto de saída
Igrexa da Nosa Señora da Quinta Angustia

Percorrido
Campo da Angustia – Rúa do Rosario – Rúa de Bonaval – Porta do Camiño – Rúa das Casas Reais – Praza de Cervantes – Rúa da Acibechería – Rúa de Tras San Paio de Antealtares– Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Rúa das Casas Reais – Porta do Camiño – Rúa de San Pedro – Campo da Angustia.

A ter en conta...
Procesiona o Venres Santo.

Procesiona con cruz parroquial, música de banda de cornetas e tambores e banda de música municipal.

Os seus nazarenos visten hábito de sarga negro con puños, faixa e carapucha de tea de raso verde, os de acompañamento do Cristo, e de tea de raso branco os de acompañamento da Virxe. A imaxe da Virxe da Quinta Angustia é unha obra do século XX do imaxineiro Jesús Picón.

Ás 18:00 horas, dende a igrexa da Nosa Señora da Quinta Angustia.

Axenda

Festival de Músicas Contemplativas

Quinta xornada do Festival de Músicas Contemplativas. Concertos de Parissa (Irán), Il Suonar Parlante (Italia) e Monâjât Yultchieva (Ouzbekistán).

Ás 20:00 horas, Parissa na capela real do Hostal dos Reis Católicos.

Ás 22:00 horas, Il Suonar Parlante na igrexa de San Martiño Pinario.

Ás 23:55 horas, Monâjât Yultchieva na igrexa da Universidade.

Axenda

Procesión do Santo Enterro

Punto de saída
Igrexa de San Domingos de Bonaval

Percorrido
Rúa de San Domingos de Bonaval – Porta do Camiño – Rúa das Casas Reais – Praza de Cervantes – Rúa da Acibechería – Praza da Inmaculada – Estación de Penitencia Catedral – Praza das Praterías – Rúa do Vilar – Praza do Toural – Rúa Nova – Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Casas Reais – Porta do Camiño – Rúa de San Domingos de Bonaval

Nota: en caso de choiva celebrarase no interior da Igrexa de San Domingos de Bonaval.

A ter en conta...
Procesiona o Venres Santo.

Procesiona con cruz parroquial, música de banda de cornetas e tambores e banda de música municipal.

Os seus 150 confrades visten de frack.

O Cristo xacente é obra de Pedro Taboada; a urna na que xace é obra de Tomás Fontenla e foi ampliada por Bonome en 1955; a Virxe dos Coitelos é unha talla de 1960 de Castor Lata, e loce un manto regalo da Raíña Sabela II á confraría.

Ás 20:00 horas, dende a ingrexa de San Domingos de Bonaval.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Procesión da Virxe da Soedade

Punto de saída
Igrexa de Santa María Salomé

Percorrido
Rúa Nova - Praza do Toural - Rúa do Vilar - Praza das Praterías - Conga - Preguntoiro – Rúa do Castro - Praza da Universidade - Cardeal Payá - Orfas - Toural - Rúa Nova

A ter en conta...
Procesiona o Venres Santo.

Procesiona con cruz parroquial, música de banda de cornetas e tambores. O seus confrades visten hábito negro con carapucha, puños e faixa de moiré branco.

Procesiona con imaxes da Santísima Virxe da Soedade, cuberta con manto de acibeche do artesán compostelán Marcelino, e con paso alegórico do Calvario.

Ás 23:00 horas, dende a igrexa de Santa María Salomé.

Compartir: