Xoves 1 de febreiro 2018
Axenda
Exposición de esculturas do Mestre Mateo
A mostra permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos.
Do 20 de xullo de 2017 ata o 23 de febreiro de 2018, no Pazo de Xelmírez.
Axenda
Décimo Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
A décima edición do premio Auditorio de Galicia reune os traballos de 37 artistas de diferentes disciplinas.
Do 27 de novembro ao 8 de abril, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Global complexity", de Amine Asselman, na Zona C
Amine Asselman indaga na globalización e as fronteiras. Global complexity é unha evolución de Connected, unha peza que Amine fixo en 2016 para o MULAFEST Madrid.
Do 12 de xaneiro ao 11 de marzo, na Zona C.
Axenda
"Parafernalia", exposición retrospectiva do escultor César Lombera, na Casa do Cabido
A mostra exhibe o universo popular, fantástico, festivo, teatral e colorista do escultor César Lombera ao longo das súas diferentes etapas.
Ata mediados de febreiro de 2018, na Casa do Cabido.
Axenda
"De tendas. O comercio, emblema dunha cidade"
Exposición fotográfica dos comercios seleccionados en 2017 como comercios emblemáticos da cidade de Santiago de Compostela polos membros da Mesa de Comercio.
Ata o 2 de febreiro, no Centro Cultural Afundación
Axenda
"Parafernalia", retrospectiva da obra de César Lombera
"Parafernalia" é unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das estatuas das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá.
Ata despois de Semana Santa, na Casa do Cabido.
Axenda
"Estratexias do desprazamento", de Antonio Muntadas
Mostra que revisa o traballo de Antoni Muntadas a través de proxectos específicos e incorpora o xiro recente da súa mirada cara á paisaxe.
Do 17 de febreiro ao 27 de maio, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
"Y", mostra de Álvaro Negro no CGAC
A exposición é unha mirada retrospectiva de Álvaro Negro ao seu traballo, incidindo nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia.
O 29 de setembro ao 4 de febreiro no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
Escenas do Cambio 2018
Nova edición deste Festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción.
Do 1 ao 10 de febreiro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Óperas de R. Wagner pola Real Filharmonía
Baixo a batuta do mestre Paul Daniel, a Real Filharmonía de Galicia interpretará fragmentos de dúas óperas de R. Wagner: Parsifal e O holandés errante.
O xoves 1 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Riscos Xeolóxicos: danos que pode causar a natureza"
Esta exposición mostra como non todo o que procede da natureza é beneficioso para o ser humano. Concretamente en Galicia estamos expostos a perigos naturais como inundacións, desprendementos e corrementos de pedras e terras, terremotos e acumulación de gases canceríxenos no interior de edificios, como o radon.
Ata o 17 de xuño, no Museo de Historia Natural da USC.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.
Na Fundación Eugenio Granell.