Venres 24 de xuño 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

Concertos didácticos e de clarinetes na praza do Toural

Nova xornada do programa con motivo do Día Europeo da Música, coas seguintes actividades:

- 17:00 h Probas Fin de Grao
Conservatorio Profesional de Santiago

- 18:30 h Concerto didáctico O Último Canto
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

- 19:30 h Cuarteto de Clarinetes
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

- 20:30 h Veladas no Casino
Escola Municipal de Música

O venres 24 de xuño, en varios espazos da cidade.

Axenda

Semana da natureza nas Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo, celébrase a Semana da Natureza con diversas actividades.

O 21 ao 25 de xuño, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Estrea de "A ópera dos tres reás" no Auditorio de Galicia

O Centro Dramático Galego estrea A ópera dos tres reás, de Bertold Brecht. Quico Cadaval dirixe un extenso reparto composto por Luis Tosar, Begoña Santalices, Marcos Orsi, Muriel Sánchez, Mónica de Nut, César Goldi, Alba Messa, Víctor L. Mosqueira, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf" e Sergio Zearreta. A música, da que é autor Kurt Weill, interpretarana Pablo Castaño, Andrew MacNeill, Saúl Puga, David Rodríguez Rial, Adrián Viñas Alonso e Vadzim Yukhnevich.

Do 23 ao 26 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: