Mércores 22 de xuño 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

Tarde de tambores sanxoaneiros na Casa das Asociacións

No marco das Xornadas Interculturais A Venezuela descoñecida, tarde de tambores sanxoaneiros e conferencia sobre a festa de San Xoán. Organiza a Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Asociación de Venezolanos de Santiago.

O mércores 22 de xuño, ás 18:00 horas, na explanada da Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

Semana da natureza nas Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo, celébrase a Semana da Natureza con diversas actividades.

O 21 ao 25 de xuño, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Actividades musicais no Toural

Seguen as actividades musicais con motivo do Día Europeo da Música, desta vez co seguinte programa:

- 18:30 h Conto musicado O Avión de papel
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

- 19:15 h Obradoiro de cancións con xestos
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

- 20:00 h O mundo de Bela Bartok
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

O mércores 22 de xuño, na praza do Toural.

Axenda

Mesas de comunicación sobre as cuestións de xénero

Continuando coas actividades das xornadas Que ves cando me ves?, mesas de comunicación e debate sobre as cuestións de xénero en diversos ámbitos profesionais.

O martes 21 e o mércores 22 de xuño, ás 19:00 horas, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: