Sábado 11 de xuño 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

Compostela Máxica 2011

Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica.

Do 6 ao 12 de xuño en diversos espazos da cidade.

Axenda

"A Venezuela descoñecida" na Casa das Asociacións

No marco das Xornadas Interculturais A Venezuela descoñecida, ábrese unha expo-feira de artesanía típica. Ademais, conferencia de Chela Palacios: Os muñequeiros en Venezuela. Organiza a Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Asociación de Venezolanos de Santiago.

O sábado 11 de xuño, ás 10:00 horas, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

IV Romaría dos Centros Socioculturais en Figueiras

Música, xogos, festa e baile na IV Romaría dos Centros Socioculturais, que nesta ocasión se celebra en Figueiras.

O sábado 11 de xuño, ás 11:30 horas, no campo da festa de Figueiras.

Axenda

Diatónicos en Vite

Nova entrega do programa Campo de Fóra. Desta vez, actuación de Diatónicos: Aula acordeón + Quintá, Pascual, Otero.

O sábado 11 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: