Xoves 19 de maio 2011

Axenda

Obradoiro de xogos e xoguetes no Centro Sociocultural de Conxo

A xogar! é a nova proposta do programa Aula de Xogo. Obradoiro de xogos e xoguetes.

O xoves 19 de maio, ás 18:00 e 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias no Auditorio

Novo concerto de abono do Auditorio de Galicia. Guillermo García Calvo dirixe a Oquestra Sinfónica do Principado de Asturias, acompañada polo dúo de pianos composto por Víctor e Luis del Valle. Interpretarán obras de Roussel, Poulenc e Janácek.

O xoves 19 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: