Sábado 17 de xullo 2010

Axenda

Árbore urbana en Conxo

O Concello de Santiago e a Asociación Sostibilidade e Arquitectura (ASA) traen ata Conxo unha árbore urbana que producirá enerxía grazas ás pedaladas dos cidadáns e a paneis solares. O seu obxectivo é concienciar aos cidadáns sobre o aforro enerxético e a súa importancia para lograr edificios e cidades sostibles.

Do 7 ao 22 de xullo, na praza Aurelio Aguirre de Conxo.

Axenda

Exposición de Nuria Ruibal na Zona C

A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.

Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.

Axenda

Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.

Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.

Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.

Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición fotográfica sobre "Espazo e Desenvolvemento Sustentable"

A Fundación AXA e Lunwerg Editores, coa colaboración da Concellería de Educación, presentan en Compostela a mostra Espazo e Desenvolvemento Sustentable. Velando pola saúde do noso planeta.

Os 66 grandes paneis da mostra permitien aos composteláns e aos visitantes da capital galega contemplar unha selección fotográfica das imaxes máis impresionantes do espazo e da Terra procedente dos arquivos da Axencia Espacial Europea e de prestixiosos fotógrafos de todo o mundo.

No parque da Alameda, ata o 3 de setembro.

Axenda

Vive o verán

A cidade acolle un amplo programa de actividades ao aire libre, grazas á terceira edición de Vive o verán.

Nos meses de xullo e agosto, e parte de xuño e setembro, en diversos espazo da cidade.

Axenda

Festival Vía Stellae 2010

Quinta edición do Festival Via Stellae, cunha programación aínda máis ampla neste Xacobeo 2010. O centro do Festival é de novo Santiago de Compostela como meta do Camiño. O Concello de Santiago presta a súa colaboración a este evento.

Do 5 ao 28 de xullo.

Compartir: