Martes 7 de decembro 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Apalpando as ilusións 2010

O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.

Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.

Axenda

"Un cranio furado", de Quico Cadaval

Producións Teatrais Excéntricas presenta a última montaxe de Quico Cadaval. Non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de televisión de forenses, non é unha festa dos defuntos, non é un esperpento... mais ten de todo un pouco

O 7 e o 8 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Compartir: