Sábado 9 de outubro 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival de Títeres "Galicreques"

O Festival Internacional de Títeres Galicreques cumpre xa 15 anos de vida e xa trouxo a Compostela máis de 300 compañías provintes de todo o mundo. Nesta edición, oportunidade de ver en directo a 20 compañías de diferentes países e con variedade de estilos e tipografías: sombras, fíos, luvas, guiñois, máscaras e outras.

Do 2 ao 10 de outubro, en varios espazos da cidade.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Teatro das Mulleres Lúdicas con "Un cadáver no salón"

Artes escénicas en Conxo da Man de Teatro das Mulleres Lúdicas coa obra Un cadáver no salón

O sábado 9 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Joaquín Sabina no Multiusos do Sar

O cantautor Joaquín Sabina visita Compostela para ofrecer en directo os temas do seu novo disco e algunhas das súas cancións máis clásicas.

O sábado 9 de outubro, ás 22:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar.

Compartir: