Sábado 16 de outubro 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Talía Teatro estrea "Volpone"

A compañía Talía Teatro estrea en Compostela a súa nova obra, Volpone, de Ben Jonson. Roberto Salgueiro adaptou esta obra, que conta no seu reparto con Artur Trillo, Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Ríos, Diego Rey, Gustavo G. Dieste, David Creus e Rubén Prieto.

O venres 15 e o sábado 16, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Fin de partida" por Teatro de La Abadía

O ciclo Teatro e Danza en Xira trae a Santiago a Teatro de La Abadía coa súa obra Fin de partida, de Samuel Beckett. José Luis Gómez, Susi Sánchez, Ramón Pons e Lola Cordón integran o reparto desta representación, dirixida por Krystian Lupa.

O sábado 16 e o domingo 17 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: