Xoves 28 de xaneiro 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

A Real Filharmonía interpreta obras de Shostakovich e Dvoràk

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un novo concerto, esta vez dirixida por Christoph Köning e acompañada polo violoncellista Alban Gerhardt. Interpretarán obras de Shostakovich e Dvoràk.

O xoves 28 de xaneiro, ás 21:00 hroas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Sarah Waters recibe o Premio Casino de Santiago

A gañadora do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008, Sarah Waters, recibe o galardón logrado pola novela A rolda nocturna. A autora presenta a tradución para o galego desta obra, publicada recentemente por Galaxia.

O xoves 28 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Casino.

Compartir: