Luns 7 de setembro 2009

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

Obradoiro "Falando en verde" na Casa das Asociacións

Falando en verde é o título do obradoiro ambiental e de descuberta do noso contorno que xa se impartiu do 22 ao 26 de xuño na Casa das Asociacións (Cornes). Do 1 ao 9 de setembro celébrase a segunda entrega deste taller, organizado pola Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística e impartido por Ventos, Estudos Ambientais. Previa inscrición, participan rapaces de 6 a 12 anos.

O taller impártesse polas mañás, de 10:00 a 13:30 horas, na Casa das Asociacións, en Cornes.

Compartir: