Xoves 10 de setembro 2009

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música saca o seu repertorio á rúa baixo a batuta de Carlos Seráns. Os peóns poderán deleitarse coa formación de trinta e cinco intérpretes que constitúe un dos referentes musicais da cidade.

O xoves 10 de setembro, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.

Compartir: