Domingo 11 de marzo 2007
Axenda
Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio
"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.
Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.
Axenda
A historia vai por barrios
O Programa de recuperación da memoria histórica dos barrios, "A historia vai por barrios", chega agora a Villestro.
Do 7 de febreiro ao 11 de marzo, no Centro Sociocultural de Villestro.
Axenda
I Feira Medieval da Muller Artesana
Con motivo dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, celébrase a I Feira Medieval da Muller Artesana.
O sábado 10 e o domingo 11 de marzo, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas, nas prazas da Quintana e Praterías.
A Feira contará con servizo de gardería medieval para cativos de entre 3 e 6 anos.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
I Ciclo Revelando Voces
As Concellarías de Cultura e Educación e Mocidade poñen en marcha un proxecto para que os novos intérpretes composteláns se dean a coñecer no mundo musical da cidade apoiados por artistas xa máis recoñecidos. O ciclo "Revelando voces" acollerá no mes de marzo os concertos de sete artistas que mostrarán ao público o seu traballo dos últimos anos.
Ao longo do mes de marzo, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Axenda
Zona Alternativa
A Sala Nasa acolle a oitava edición do proxecto "Zona Alternativa". Danza, teatro, música e outras expresións artísticas.
Durante o mes de marzo, na Sala Nasa.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.