Xoves 21 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

O "Requiem" de Mozart

O Auditorio de Galicia acolle a brillante inauguración do Festival de Música Contemplativas unha das grandes obras da historia da música, o Requiem de Mozart. O reparto do coro inglés The Sixteen e a compostelá Real Filharmonía de Galicia estarán dirixidos por Harry Christophers.

O xoves 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Luar na Lubre

A música de Luar na Lubre non entende nin de fusións nin de confusións, de modas ou de vaivéns. É un exemplo claro de lealdade a un xeito de facer, de descubrir vencellos entre a raíz e o contemporáneo, de constancia en tempos difíciles que sempre da froitos. Son máis de 25 anos na brecha cun percorrido que agora nos ofrece en Sons da lubre nas noites de luar, un reflexo do máis significativo de Luar na Lubre. Ciclo Íntimo & Acústico.

O xoves 21 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: