Xoves 12 de xullo 2012

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música en Praterías

A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta, baixo o nome Música na rúa 2012, pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.

O xoves 12 de xullo, ás 19:30 horas, na praza de Praterías.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Canto latino barroco con Juan Sancho no Vía Stellae

Novo concerto do Festival Via Stellae. Canto latino barroco con Juan Sancho, acompañado polo artista compostelán Manuel Vilas.

O xoves 12 de xullo, ás 20:00 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Pierre Hantaï volve a Santiago

Tres países, tres séculos, tres estilos, un clave é o título dun novo concerto do Festival Via Stellae, con Pierre Hantaï ao clave.

O xoves 12 de xullo, ás 22:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: