Xoves 4 de outubro 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Na miña bicicleta", mostra fotográfica de Ángel Luis Utrera

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle a mostra Na miña bicicleta, con fotografías de Angel Luis Utrera.

Do 2 ao 13 outubro no CSCXM do Ensanche.

Axenda

Galicreques 2012

Celébrase o XVII Festival Internacional de Monicreques, Galicreques. En total serán 44 funcións de monicreques, ás que haberá que sumar obradoiros, exposicións e mesas redondas. As entradas están xa á venda no Teatro Principal, a Zona "C" e a SGAE-Fundación de Autor.

Do 29 de setembro ao 7 de outubro en varios espazos da cidade.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia con Sandrine Piau

Concerto inaugural do programa de abono, no que a Real Filharmonía de Galicia estará acompañada pola soprano Sandrine Piau.

Interpretan a Serenata núm 6. en Re maior, K.239, "Serenata Nocturna" de Mozart; Chantefleurs et Chantefables para soprano e orquestra de Lutoslawski; e a Sinfonía núm. 4 en Si bemol maior, op. 60 de Beethoven.

O xoves 4 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: