Venres 26 de outubro 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche

Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.

Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea

Nova entrega das Xornadas de Música Contemporánea, con dous concertos. No primeiro, a pianista Elisa Vázquez ofrece un concerto denominado Cage100: John Cage, a 100 anos do seu nacemento. No outro, o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), baixo a dirección de Diego García e coa soprano Carmen Gurriarán, interpretan Bob Dylan & Siniestro Total re-visitados.

O venres 26 de outubro:

- Elisa Vázquez, ás 19:30 horas, no Conservatorio Profesional de Música.

- TAC, ás 22:30 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Triloxía: Clitemnestra, Electra e As Furias

O colectivo As Churras transporta a Orestíada de Esquilo á Zona C en forma de triloxía, a través das personaxes de Electra, Clitemnestra e As Furias, as personaxes femininas principais de cada unha das tres partes da traxedia.

Calendario de funcións na Zona "C":

Venres 12 e sábado 13 de outubro 2012: 20:30 horas.
Domingo 14 de outubro: 19:30 horas.
Venres 19 e sábado 20 de outubro: 20:30 horas.
Domingo 21 de outubro: 19:30 horas.
Venres 26 e sábado 27 outubro: 20:30 horas.
Domingo 28 outubro: 19:30 horas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: