Domingo 7 de agosto 2011
Axenda
Vive o Verán!
No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C
Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.
Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.
Axenda
"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia
Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.
Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.