Xoves 4 de agosto 2011

Axenda

Vive o Verán!

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C

Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.

Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía

Concerto da Real Filharmonía de Galicia no marco do Curso Internacional Música en Compostela. Dirixe Maximino Zumalave.

O xoves 4 de agosto, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: