Luns 4 de xullo 2011

Axenda

Nanonasa: III Campamento de verán para nen@s

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia colaboran no Nanonasa: III Campamento de verán para nen@s, que convoca a Sala Nasa por terceiro ano. Trátase dunha actividade lúdica e cultural, para que a rapazada coñeza e habite durante dúas semanas nun espazo teatral non convencional que é alleo a súa experiencia habitual.

Do 27 de xuño ao 8 de xullo, na Sala Nasa.

Axenda

Vive o Verán!

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: