Venres 22 de xullo 2011

Axenda

Festas do Apóstolo

Santiago acolle unha nova edición das Festas do Apóstolo. Consulta aquí o programa.

Do 21 ao 31 de xullo, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Vive o Verán!

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C

Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.

Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.

Axenda

Orquestra Barroca de Venecia

Noite de clausura do Festival Vía Stellae co concerto Si dolce è il tormento: o Seicento italiano, a cargo da Orquestra Barroca de Venecia.

Andrea Marcon, director
Magdalena Korena, mezzosoprano

Programa: Merula, Monteverdi, Strozzi, Marini...

O venres 22 de xullo, ás 22:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Máis música barroca na Sala Capitol

Disco Barroco 2011: se Vivaldi e Haendel volvesen levantar a cabeza... é o título do atípico concerto que pecha o Festival Vía Stellae, coa Oquestra Barroca de Venecia como protagonista.

Andrea Marcon, director
Magdalena Kozena, mezzosoprano
Xavi Sabata, contratenor
Ln Ripley, DJ
Davide Livermore, dirección artística e de escena

O xoves 23 de xullo, ás 23:00 horas, na Sala Capitol.

Compartir: